Volver

XXIV Certame de Teatro Amateur e Escolar de Bande

Centro: IES Aquis Querquennis, CEIP Xoaquín Lourenzo e Concello de Bande (Ourense)
Curso: 2018-2019

Na semana do 13 ao 16 de maio desenvólvese, como cada ano, este certame de teatro para alumnado e grupos de teatro afeccionado de ensino non universitario. Poden participar centros de toda Galicia con obras en galego de 15 a 60 min de duración. Todos eles recibirán un premio de 200 € e un diploma de participación, agás no caso de que os traballos non se axusten ás bases.