Volver

Na procura de Manuel María

Centro: IES Lauro Olmo, CEIP Julio Gurriarán Canalejas, CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Otero Pedrayo, CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, O Barco de Valdeorras (Ourense), CPI Tomás Terrón Mendaña, Carballeda de Valdeorras (Ourense)
Curso: 2015 - 2016
  • Na procura de Manuel María

    Na procura de Manuel María

Os EDLG dos centros citados xunto co Concello do Barco de Valdeorras (Ourense) e a Asociación de Comerciantes do Barco de Valdeorras (Ourense) levan a cabo unha serie de actividades conxuntas para celebrar as Letras Galegas. Aquí vos deixamos a proposta:

  • Roteiro literario a modo de xincana no que implican os establecementos comerciais. O alumnado dos distintos centros elaborará versos de Manuel Mª, ilustrándoos para presentalos nos escaparates. A asociación de Comerciantes proporcionará nas tendas folletos informativos sobre a actividade e un listado dos versos de cada escaparate. A xincana consistirá en percorrer as tendas cuxos escaparates estean decorados cos versos de Manuel Mª e selar os ocos cos carimbos da tenda.... Finalmente, haberá un sorteo entre todos os que completen o percorrido.
  • Construción dun tendal xigante no Paseo do Malecón onde se estenderán teas con versos de Manuel Mª.
  • Acto de presentación da actividade no Teatro Lauro Olmo: recital de poemas, caricaturas sobre o autor e vídeos para construír o universo de Manuel Mª.
  • Decoración dos escaparates do Barco de Valdeorras. En colaboración coa AEVA, poranse os versos ilustrados nos escaparates de distintos comercios.