LETRAS GALEGAS 2017
IV Carreira Camiño das Letras
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, organiza o domingo 14 de maio de 2017 a IV Carreira Camiño das Letras cunha proba absoluta desde o Pico Sacro (Boqueixón) ata a Cidade da Cultura de Galicia, cun circuíto para as categorías de menores (pitufo, prebenxamín-benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) no Gaiás. Esta proba, quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.
Todas as persoas participantes que finalicen a proba recibirán como agasallo da organización un libro e mais o diploma Camiño das Letras. Ademais, haberá os seguintes premios:
Inscrición: realizarase a través da páxina web www.emesports.es ata o mércores 10 de maio ás 23.59 horas.
- Os tres primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os tres primeiros clasificados das categorías de alevín a veterano recibirán un lote de libros.
- Todos os participantes das categorías pitufo, prebenxamín e benxamín recibirán un libro adaptado á súa idade.
- O centro escolar e o club que acade un maior número de participantes que rematen a proba recibirán un trofeo e un lote de libros.