Volver

LETRAS GALEGAS 2018

IV Xornada do Día das Letras Galegas. María Victoria Moreno

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), a IV Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, María Victoria Moreno Márquez.

  • IV Xornada do Día das Letras Galegas

    IV Xornada do Día das Letras Galegas

As sesións formativas desenvolveranse o día 5 de maio en horario de mañá e tarde no salón de actos do Pazo de San Roque sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No acto de inauguración participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e Pedro Ferriol, viúvo da autora homenaxeada.

Na sesión de mañá, ademais da conferencia inaugural, que impartirá Xesús Alonso Montero, membro da Real Academia Galega e amigo persoal da autora homenaxeada, haberá relatorios de Xesús Rábade Paredes, Marilar Aleixandre, Blanca Ana Roig Rechou, Xavier Senín, Ánxela Gracián e outros especialistas. A tarde estará destinada á presentación de experiencias dos centros educativos, entre elas as dos centros gañadores do Concurso- Exposición das Letras Galegas 2018.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é achegarlle a figura de María Victoria Moreno Márquez a toda comunidade educativa e, alén diso, propiciar o intercambio de materiais, recursos e experiencias creados e desenvolvidos polos equipos de dinamización da lingua galega. O profesorado interesado en participar pode inscribirse en: https://www.edu.xunta.es/fprofe/.