Volver

Concurso Interrail Letras Galegas 2019: homenaxeando a Antón Fraguas

Centro: EOI de Vigo, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2018-2019

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, en colaboración con Renfe, convídavos a participar no Concurso Interrail Letras Galegas 2019: homenaxeando a Antón Fraguas. Cada participante poderá presentar unha única fotografia inédita e orixinal que ilustrará unha breve frase ou verso (máximo de 30 palabras) extraído das publicacións de Antón Fraguas.

O premio consiste nun pase de Interrail para viaxar 10 días por Europa.​ O prazo de presentación das fotos remata o 26 de abril.