Volver

Casamento da pulga (en lingua de signos)

Centro: CEE Nosa Señora do Rosario, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2018-2019

É de salientar o enorme éxito que está a ter nos centros a cantiga "Casamento da pulga", recompilada polo autor homenaxeado o Día das Letras Galegas no seu Cantigueiro de Cotobade. Nesta ocasión, desde o CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña chéganos esta interpretación en lingua de signos. Parabéns pola iniciativa ao alumnado e profesorado participante.