Volver

V Xornada do Día das Letras Galegas. Antonio Fraguas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo organiza, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Educación, a V Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola RAG, Antonio Fraguas Fraguas.

As sesións formativas desenvolveranse o día 4 de maio en horario de mañá e tarde no salón de actos do Pazo de San Roque sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No acto de inauguración participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e o presidente da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Justo Beramendi González.

A través tanto de conferencias como de experiencias de traballo de equipos de dinamización da lingua galega de diversos centros educativos, a xornada tratará de achegarlle a figura de Antonio Fraguas Fraguas a toda comunidade educativa e, alén diso, propiciar o intercambio de materiais, recursos e experiencias creados e desenvolvidos polos equipos de dinamización da lingua galega. O profesorado interesado en participar pode inscribirse en: https://www.edu.xunta.es/fprofe/.