Volver

LETRAS GALEGAS 2017

Exposición gañadora do Concurso-Exposición para educación infantil e primaria

  • Cartel Concurso-Exposición Letras Galegas

    Cartel Concurso-Exposición Letras Galegas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de Carlos Casares entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á vosa disposición os carteis e a guía didáctica da exposición destinada aos centros de educación infantil e primaria.

Esta exposición (elaborada polo CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña e gañadora do Concurso das Letras Galegas 2017) fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra do autor a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio.