Volver

LETRAS GALEGAS 2018

Festiletras

  • Festiletras 2018

    Festiletras 2018

A Fundación Eduardo Pondal, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra un ano máis as Letras Galegas cun amplo e variado programa de actividades arredor da música, internet, a ciencia ou a literatura en galego que inclúe, por ser a Fundación membro da Rede de Dinamización Lingüística, a actividade do FalaRedes Enredando con Pakolas.

A festa comezará o 16 de maio coa entrega dos Premios Bos e Xenerosos a Marilar Aleixandre, Xaquín Marín, Quico Cadaval e Sés. O propio Día das Letras Galegas, que é tamén Día de Internet, haberá música, xeocatching, maxia, radio... O 18 de maio celebrarase a Festiciencia e o 19 as Aldeas Literarias. As Festiletras rematarán o domingo día 20, dedicado a Música e Artesanía.