Volver

App Palabras de noso

Centro: CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, Navia de Suarna (Lugo)

Froito dun traballo concienciudo e constante, o CPI Plurilingüe de Navia de Suarna preséntanos unha app para móbiles na que se recolle léxico patrimonial da comarca dos Ancares. Este traballo foi merecedor do Premio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística.