Volver

Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras da LIX galega

  • Centro Ramón Piñeiro

    Centro Ramón Piñeiro

Seminario e curso de formación convocado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa finalidade de formar e informar sobre as mulleres como axentes literarios da literatura infantil e xuvenil galega.

O obxectivo deste seminario dirixido por Blanca-Ana Roig e Carmen Franco é que as protagonistas falen da súa propia traxectoria para visibilizar o labor das mulleres e que os mediadores (desde a docencia, a familia, a lexislación, a edición, a biblioteca) estean informados e traballen en cuestións de xénero a partir da visibilidade da literatura infantil e xuvenil, xa que esta reflicte todos os avatares polos que pasaron as mulleres.