Volver

Normateca (vendima e esfolla)

Centro: CRA Nosa Señora do Faro, Ponteceso (A Coruña)
Curso: 2015 - 2017
  • Normateca (vendima e esfolla)

    Normateca (vendima e esfolla)

As representantes do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais do Equipo de Biblioteca crearon a Normateca, un espazo para compartir ideas e tarefas e para motivar o resto do profesorado. Este curso acaban de iniciar un proxecto para traballar a vendima e a esfolla (arte, tradición, costumes...). Tamén están facendo, en formato dixital e papel, un dicionario de palabras relacionadas con estes dous campos semánticos.