Xurxo Mariño visita o Castro Alobre
Centro: IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2016 - 2017
Curso: 2016 - 2017
Velaquí os materiais que elaboraron no IES Castro Alobre tras a visita do neurocientífico Xurxo Mariño. O alumnado gozou da súa conferencia sobre a viaxe que realizou polos cinco continentes durante case un ano. Alén da reportaxe, e como xa é tradición neste centro, Xurxo Mariño gravou unha mensaxe na que pon de manifesto a importancia das linguas como definidoras do mundo que as crea: “Cada lingua é unha entrada a un universo único”.