Volver

Todos distintos, todos iguais

Centro: CEIP Antonio Fernández López, Oural - Sarria (Lugo)
Curso: 2017 - 2018
  • Todos distintos, todos iguais

    Todos distintos, todos iguais

O EDLG e o alumnado do CEIP Antonio Fernández López de Oural pretenden con este traballo facer unha chamada de atención sobre a necesidade de ter unha sociedade máis respectuosa coa diversidade social; tanto ten que as diferenzas sexan físicas, como que sexan intelectuais, relixiosas, culturais, sexuais...: todos e todas debemos respectarnos e valorar positivamente a diversidade social, convivindo e axudándonos. Por desgraza, a realidade amósanos con frecuencia casos de intolerancia, acoso, rexeitamento, violencia de xénero... Todo debe mudar pouco a pouco a mellor.