Volver

Cantigas populares

Centro: CEIP Bormoio-Agualada, Coristanco (A Coruña)
Curso: 2017 - 2018
  • Cantigas populares

    Cantigas populares

O desexo de recuperar e conservar a tradición oral da bisbarra de Coristanco motivou o mestre, Evaristo Domínguez, para iniciar, hai máis dunha década, este laborioso traballo. O resultado foi a recompilación de 750 cantigas populares clasificadas por temas (de amoríos, de oficios, de vellos...); unha fermosa iniciativa dinamizadora deste docente, xa xubilado, a quen o seu alumnado -consciente da importancia do noso patrimonio inmaterial- non esquecerá nunca. Grazas, Evaristo!!!