Volver

Gaña unha lingua!

Centro: IES de Rodeira, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2019/2020

O EDLG celebrou o Día Europeo das Linguas tentando derrubar fronteiras entre galego e portugués para acadarmos a posibilidade de nos comunicarmos con máis de 250 millóns de falantes en todo o mundo.

José, un alumno de Formación Profesional de Braga que veu facer as prácticas no Concello de Cangas dentro do programa Erasmus, estivo nas aulas explicando o doado que lle resultaba entender o galego e o alumnado comprobou que tamén comprendía con facilidade o seu xeito de falar, a lectura de textos en portugués etc. Outra actividade consistiu en procurar correspondencias en portugués para palabras galegas a cambio unha lingua de gominola e a certeza de que galego e portugués son linguas moi próximas.