Volver

II Certame de Narración Histórica

Centro: CEIP de Prácticas López Ferreiro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2018-2019

O CEIP de Prácticas López Ferreiro convoca un ano máis o II Certame de Narración Histórica, un concurso de relatos que ten como obxectivo recrear a historia e intrahistoria de Galicia a partir da investigación sobre sucesos, personaxes –reais ou lendarios-, datas, monumentos… que foron determinantes no devir histórico da nosa comunidade desde a antigüidade ata o s. XX. A convocatoria está aberta ao alumnado de 5.º e 6.º de EP e de 1.º e 2.º da ESO de todos os centros educativos galegos. O prazo para presentar traballos remata o 28 de febreiro.