Volver

Premios aRi(t)mar Galiza e Portugal

Centro: EOI Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2017-2018
  • aRi(t)mar

    aRi(t)mar

Xa coñecemos os gañadores deste singular certame promovido polo EDLG da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, en colaboración coas secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, para difundir a poesía e a música editadas en Galicia e en Portugal cada ano.

O premio ao mellor poema publicado en Galiza é para "Blues do rei Bergman=B. B. King" de Lois Pérez e o galardón para o mellor poema publicado en Portugal en 2017 é para "Com o ritmo da chuva" de Alexandre Brea. Estes premios, xunto cos da mellor canción en galego e portugués , entregaránselles aos poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2018.

As persoas gañadoras en cada unha das dúas modalidades (música ou poesía) recibirán cadanseu premio na Gala aRi[t]mar do próximo curso.