Volver

Concerto didáctico: música e evolución

Centro: IES do Sar, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2018-2019

No espazo web de recomendacións musicais do IES do Sar de Santiago de Compostela atoparedes a gravación de Música e evolución, un interesantísimo concerto didáctico de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero que, utilizando instrumentos galegos, nos ilustra sobre a historia musical de Galicia e da humanidade, unha transformación comparable á vida das persoas, desde a infancia ata a madureza.