Volver

Camiño dos Faros (exposición)

Centro: IES Afonso X O Sabio, Cambre (A Coruña)
Curso: 2018-2019

O alumnado do IES Afonso X O Sabio de Cambre é o responsable desta fermosa exposición sobre os faros da Costa da Morte. Ademais de construír as maquetas, os rapaces e rapazas deste centro tamén elaboraron unha completísima guía na que se especifica o punto de inicio e remate de cada etapa, os lugares que se percorren, o tipo de paisaxe, a flora e a fauna da zona... Tamén incluíron lendas, citas literarias, referencias gastronómicas e outras moitas curiosidades. Parabéns!!! Excelente traballo.