Volver

VII Concurso de Curtas CinEOI

Centro: EOI da Coruña (A Coruña)
Curso: 2016 - 2017
  • VII Concurso de Curtas CinEOI

    VII Concurso de Curtas CinEOI

O mércores, 14 de decembro, ás 18:30 h, terá lugar na EOI da Coruña un encontro (estilo meetup) destinado a todos os centros interesados en participar na VII edición do concurso CinEOI. O EDLG desta escola organiza esta xuntanza co fin de informar o profesorado e alumnado sobre as ferramentas dixitais, relatorios, cursos e obradoiros que lles poden servir de axuda para realizar as súas curtas.

Poderá participar o alumnado matriculado no curso 2016/2017 en calquera dos seguintes centros:

CATEGORÍA ABSOLUTA: alumnado da EOI da Coruña e as súas seccións, da EOI de Ferrol e as súas seccións, da EOI de Santiago de Compostela e as súas seccións, do IES de Imaxe e Son, da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Compostela e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña e Ferrol.

CATEGORÍA XUVENIL: alumnado matriculado no curso 2016/2017 en ESO, Bacharelato e FP dos centros sostidos con fondos públicos do Concello da Coruña (agás o IES Escola de Imaxe e Son) e do IES Manuel Murguía de Arteixo.

CATEGORÍA INFANTIL: alumnado matriculado no curso 2016/2017 en 5º e 6º curso de E. Primaria dos centros sostidos con fondos públicos do Concello da Coruña.