Volver

Olloboi 2019

Centro: IES A Cachada/Asociación Olloboi, Boiro (A Coruña)
Curso: 2018-2019

Este certame de audiovisual escolar, promovido pola Asociación Olloboi co apoio da SXPL, está dirixido ao profesorado e alumnado de todas as etapas educativas dos centros públicos de Galicia, desde a educación primaria ata o ensino superior. A temática das videocreacións é libre e a duración debe ser, preferiblemente, inferior a 20 minutos. Admitiranse ata oito obras por centro. O prazo de presentación remata o 30 de abril. O 10 de maio celebrarase a entrega de premios e o Encontro Olloboi da Muchachada Matiné con estudantes de toda Galicia.