Volver

Todos coa paz

Centro: CEIP da Pobra de Brollón, A Pobra de Brollón (Lugo)
Curso: 2017-2018

Todo o alumnado do CEIP da Pobra de Brollón participou nun obradoiro de poesía para describir a paz. Os nenos e as nenas de cada curso crearon cadansúa estrofa dun poema para unha canción que logo musicaron e cantaron para celebraren o Día da Paz. E, alén diso, tamén crearon xogos para resolver os conflitos sen violencia.