Volver

XXII convivencia de educación infantil “Cholo e Nela camiño da fala”

Centro: CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas, CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa e CEIP Ramón Otero Pedrayo (O Barco de Valdeorras) CEIP O Bolo (O Bolo) CEIP de Casaio e CPI Tomás Terrón Mendaña (Carballeda de Valedeorras) CEIP de Manzaneda (Manzaneda) CEIP Plurilingüe Manuel Bermudez Couso (Pobra de Trives) CEIPPlurilingüe Virxe do Camiño (Rubiá) CEIP Manuel Folla Respino (Vilamartín de Valdeorras) CEIP Manuel Respino e Colexio Pablo VI (A Rúa) CEIP San Martiño (Vilariño de Conso) CEIP Eduardo Avila Bustillo (A Veiga) CEIP Roberto Blanco Torres da Peroxa (Ourense) CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas)
Curso: 2018-2019

Arredor de 700 nenos e nenas, 300 pais e nais e uns 100 mestres e mestras de 12 concellos da provincia de Ourense gozarán da XXII Convivencia de Educación Infantil “Cholo e Nela camiño da fala” o día 29 de maio no CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives. Esta xornada de confraternización é a síntese dun traballo previo desenvolvido nas aulas, coa participación dos pais e das nais nas titorías. O centro de interese, que dinamiza toda a actividade a través dunha unidade didáctica deseñada polo Seminario de Educación Infantil, este ano é a reivindicación da cultura e a fala galega como berce do camiño. Nesta xuntanza de carácter festivo na que participa toda a comunidade educativa da provincia de Ourense, realizaranse exhibicións, xogos populares e de psicomotricidade, contacontos e obradoiros coa finalidade de establecer relacións sociais baseadas no respecto, enriquecer e diversificar as posibilidades expresivas para fomentar producións creativas mediante a utilización de recursos e medios, sempre co galego como lingua vehicular.