Volver

Xornadas de Toponimia do Ensino

Centro: CEIP e IES do Concello de Ames (A Coruña)
Curso: 2018-2019

O Servizo de Normalización Lingüística de Ames, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza estas xornadas para docentes dos centros de educación infantil, primaria e secundaria deste concello, co fin de pór en valor a toponimia como recurso didáctico e ferramenta dinamizadora. Desenvolveranse no Pazo da Peregrina os días 18, 19 e 30 de setembro de 16.30 a 20.30 h. As persoas interesadas en asistir deberán cubrir o formulario que figura en: www.concellodeames.gal ou envialo a: normalizacion@concellodeames.gal do 2 ao 11 de setembro. O profesorado participante obterá un recoñecemento de 16 horas de formación homologadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.