Volver

FALAREDES 2018

Enredando con Pakolas

A primeira proposta de FalaRedes para o ano 2018 é o concerto que chega da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira.
  • Enredando con Pakolas

    Enredando con Pakolas

FalaRedes bota a andar cunha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias. Un concerto en que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.

Enredando con Pakolas chegará en abril e maio a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.

 

 

 

Axenda de FalaRedes 2018. Enredando con Pakolas

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

13 de abril, 17:30Biblioteca Municipal "Segundo Gil Davila"ArboPontevedra
14 de abril, 18:00Casa da Cultura Manuel Lueiro ReiO GrovePontevedra
15 de abril, 17:00Fundación Pazo de MosMosPontevedra
19 de abril, 16:30Casa da CulturaO VicedoLugo
21 de abril, 12:00Nave da MúsicaBarroPontevedra
27 de abril, 18:00Salón de actos da Biblioteca MunicipalFozLugo
28 de abril, 20:00Local social da Asociación de Veciños (Antiga escola de Cotelas)PiñorOurense
29 de abril, 19:00Auditorio MunicipalQuirogaLugo
29 de abril, 12:00Centro Cultural AvenidaA RúaOurense
4 de maio, 12:00Campo da festa de Ponte-Aranga (carpa)ArangaA Coruña
5 de maio, 11:00Edificio Multiusos do Cruceiro GordoMelónOurense
6 de maio, 18:00Salón do Edificio MultiusosSanta CombaA Coruña
12 de maio, 18:00Auditorio MunicipalPazos de BorbénPontevedra
13 de maio, 11:00Centro ComarcalPalas de ReiLugo
20 de maio, 16:00No FestiletrasPontecesoA Coruña