Volver

Deixa en herdanza a túa lingua

En galego, agora e sempre

  • En galego, agora e sempre

    En galego, agora e sempre

  • En galego, agora e sempre

    En galego, agora e sempre

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística veñen publicando unha colección de libros titulados En galego, agora e sempre que recollen modelos de mandas testamentarias nas que se lles encomenda ás persoas beneficiarias testamentais a defensa do patrimonio cultural e lingüístico, como un legado inmaterial que deben conservar no futuro. Con motivo do Día dos Defuntos, o vindeiro 2 de novembro, editan tamén no marco de En galego, agora e sempre, o vídeo Deixa en herdanza a túa lingua, e animan a cidadanía a difundilo a través da internet e das redes sociais como bo exemplo para tomarmos conciencia e retomar o vello costume de incluír neles mandas específicas con esta nova orientación, sempre en prol da visibilización e da promoción do uso da lingua propia de Galicia.