Volver

NÓS CONTRA A VIOLENCIA

Mai Mai

Mai Mai é un espectáculo de Baobab Teatro dirixido a nenos e nenas de máis de 5 anos e ás súas familias. Nel, coa delicadeza e tenrura que caracterizan as producións desta compañía teatral, trátanse temas como a igualdade entre os sexos, o apoderamento da muller e a prevención da violencia de xénero, alén doutros como a concienciación ecolóxica.

Mai Mai chegará este outono a 7 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Arteixo, Cedeira, Ribeira, Ourense, Ribadavia, A Estrada e Lalín.