Volver

Os Bolechas Nadal en familia

  • Os Bolechas Nadal en familia

    Os Bolechas Nadal en familia

Os irmáns animados máis famosos de Galicia, Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá Bolechas e mais o seu can Chispa, celebrarán este Nadal cos nenos e nenas de dez concellos, a quen acompañarán mentres estes xogan. Haberá concurso e exposición de postais; cartas aos Reis Magos; contacontos; xogos populares; sorteo de libros; obradoiros de chapas, de maquillaxe, de debuxo... e moitas outras actividades divertidas en galego para toda a familia.