Volver

Radio Picariña

Primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio galega

  • Radio Picariña

    Radio Picariña

Integrada na marca Xabarín, pon a disposición dos usuarios e usuarias unha selección coas mil mellores cancións en lingua galega para os máis pequenos.

Radio Picariña é a primeira experiencia de radio dixital para a CRTVG cun formato similar ao de aplicacións como Spotify, que lles ofrece ás persoas a posibilidade de seleccionar a música que desexen escoitar entre todos os temas. Deste xeito, desde o reprodutor pódese navegar por toda a listaxe de cancións e elixir as que se queiran oír, desde o PC ou ben desde dispositivos móbiles.

As cancións que inclúe a nova emisora dixital están ordenadas de forma alfabética por título. Na información que se mostra ao usuario está o título da canción, o álbum ao que pertence e os autores da mesma. Radio Picariña convértese, deste xeito, nunha radio musical ideal para gozar dela nos centros educativos, garderías, salas de espera etc., xa que tamén permite a escoita de todos os temas de xeito consecutivo.