Volver

Observatorio da lingua galega

  • Observatorio da lingua galega

    Observatorio da lingua galega

Creado en 2008 e renovados con motivo do seu décimo aniversario, o web do Observatorio da Lingua Galega e o seu boletín son instrumentos divulgativos sobre a situación da lingua galega en diferentes ámbitos sociais e referente como espazo de difusión da diversidade lingüística mundial.

Desde a páxina de inicio do web, pódese navegar por seis bloques de información (carrusel de mensaxes, destacados, últimas noticias, axenda de actividades, accesos directos a seccións internas e subscrición ao boletín) e cinco seccións (observatorio, actualidade, proxectos, información e recursos).

No web están dispoñibles as observacións feitas nos ámbitos da educación, medios de comunicación, economía e empresa, sanidade, tecido asociativo, telecomunicacións, cidadanía e organismos de intermediación. Todas elas foron elaboradas seguindo unha metodoloxía de traballo centrada tanto na vertente cuantitativa (a través da elaboración e realización de enquisas, levadas a cabo nas diferentes organizacións que integran cada un dos ámbitos sinalados) como na cualitativa, coa realización de 25 paneis de escoita en cada un dos cales participaron entre cinco e sete persoas relacionadas co ámbito de análise asistidas por un grupo de apoio, co obxectivo de contrastar opinións e debater sobre temas vinculados á lingua galega para recompilar información e valoracións sobre aspectos non tratados nos estudos cuantitativos.

Canto ao boletín do Observatorio da Lingua Galega, que se envía aos enderezos electrónicos das persoas subscritas con periodicidade semanal, configúrase en seis bloques de información (nova en portada, novas de Galicia, de España e do mundo, axenda e destaques), cun deseño no que priman a cabeceira e o contido gráfico.