Recursos

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Área
  • Tipo de recurso
Temos dispoñibles para consulta 181 contidos
01/03/2018 | Audiovisuais

Pergamiño Vindel - Martín Códax Universal

Por iniciativa das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, os centros de estudo do galego no exterior póñenlle o ramo á programación conmemorativa da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia con esta peza audiovisual na que o alumnado de galego recita as cantigas de Martín Códax na lingua en que foron escritos e mais na súa propia. É unha homenaxe ao trobador galego máis universal e ao idioma en que escribiu estes versos.

16/01/2018 | Aplicación móbil

App DezaTaboleiro

05/12/2017 | Audiovisuais

Nadal + galego

O Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística lanzan un vídeo para animar a consumir produtos etiquetados en galego durante as próximas festas de Nadal.

30/11/2017 | Audiovisuais

Nun mar azul

A asociación Familias Azuis, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, creou o videoclip Nun mar azul cuxo obxectivo é promover a diversidade en todos os ámbitos da vida, dende a diversidade lingüística ata a diversidade funcional.

11/09/2017

Os bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas

Os seis irmáns Bolechas e o seu can Chispa non podían faltar á súa cita co FalaRedes. Aquí chegan, un ano máis, para percorreren este outono  21 entidades da Rede de Dinamización Lingüística cunha actividade familiar e participativa.

15/03/2017

Tic Tac Toc

A segunda proposta de FalaRedes para o ano 2017 é o concerto Tic Tac Toc, do coñecido compositor e intérprete de música infantil Pablo Díaz