Volver

REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Como adherirse

A incorporación de novos membros requirirá sempre a aceptación expresa dos requirimentos establecidos na Orde do 14 de setembro de 2010 pola que se crea a Rede de Dinamización Lingüística.

Toda entidade que desexe adherirse á Rede debe formalizar a súa solicitude no modelo normalizado xunto coa documentación correspondente, que cómpre presentar no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos medios aos que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, ou segundo establece o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación de medios electrónicos, no portelo electrónico 24x7 da Xunta de Galicia.

Cada entidade terá que designar unha representación pertencente aos seus órganos de goberno e outra representación técnica (con cadansúa suplencia), como interlocutores da devandita entidade ante a Rede.

Calquera membro da Rede poderá acordar a súa separación da mesma tras a notificación ao presidente, feita cunha antelación mínica de tres meses antes do final de cada exercicio, sen prexuízo de que sexa responsable do cumprimento das obrigas concretas no que atinxa ao exercicio en curso.

Documentación de adhesión

Xunto co modelo normalizado, remitirase a seguinte documentación:

    a) O acordo de adhesión á Rede aprobado polo correspondente órgano de goberno.

    b) Designación da representación política e técnica que participará na Rede (e de cadansúa suplencia).