Volver

REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Organización

A Rede de Dinamización Lingüística réxese polos seguintes órganos:

a) Consello de Membros

O Consello de Membros é un órgano colexiado, bipartito e paritario de participación de todos os membros da Rede. Estará conformado polas entidades adheridas á Rede e polos representantes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cada entidade adherida á Rede designará unha representación e unha suplencia, pertencente aos seus órganos de goberno, que se incorporarán ao consello.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estará representada por tres persoas propostas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística e nomeadas polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Para a adopción de acordos ponderaranse os votos das entidades adheridas á Rede e os votos da COnsellería de Educación e Ordenación Universitaria, para que cada unha destas dúas representacións conte co mesmo número de votos, co que se mantén o carácter bipartito do Consello de Membros.

A Presidencia do Consello de Membros estará exercida pola persoa titular da Secretaría Xeral de Política LIngüística.

A Secretaría do Consello de Membros será exercida pola persoa encargada da coordinación técnica, que asistirá ás sesións con voz pero sen voto.

As atribucións do Consello de Membros son:

  1. Aprobar e, se é o caso, modificar o regulamento interno da Rede.
  2. Ratificar a incorporación de novos membros.
  3. Aprobar a programación anual de actividades.
  4. Instituír, ampliar ou siprimir iniciativas de alcance xeral.
  5. Emitir informes, ditames e calquera outro tipoo de pronunciamento, por requirimento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  6. Velar pola consecución dos seus obxectivos.

Funcionamento do Consello de Membros:

O Consello de Membros reunirase con carácter ordinario unha vez ao ano e con carácter extraordinario sempre que sexa convocado polo/a presidente, por propia iniciativa ou a proposta dun terzo das entidades pertencentes á Rede.

Para a válida constitución do órgano, para os efectos da realización das sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presenza do/a presidente/a e do/a secretario/a ou, de ser o caso, de cadanseu/cadansúa substitución, e dun número de membros non inferior á metade do total de compoñentes do consello, Este quórum non será necesario na segunda convocatoria.

En nongún caso se poderán celebrar sesións sen a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou das persoas que actúen na representación de calquera deles.

Con carácter xeral, os acordos adoptaranse por maioría de votos; non osbstante, o regulamento de funcionamento poderá establecer un réxime de maiorías cualificadas.

De cada sesión, o/a secretario/ estenderá a acta correspondente, segundo o previsto no regulamento interno.

b) Xunta Directiva

Á Xunta Directiva é o órgano de dirección executiva da Rede. A súa composición axustarase ao principio de distribución equilibrada por sexos e procurará unha representación equilibrada entre homes e mulleres. Esttará constituído polos seguintes membros:

  1. A/o presidenta/e: será a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  2. Dous/dúas vogais: nomeados pola/o presidenta/e e a proposta do Consello de Membros, entre os seus integrantes.
  3. A/o secretaria/o: a Secretaría será exercida pola persoa responsable da coordinación técnica, que asistirá ás sesións con voz pero sen voto.

As atribucións da Xunta Directiva son:

  1. Elaborar os plans de actuación e os programas anuais de actividades.
  2. Planificar as actividades formativas vinculadas á dinamización da lingua galega no ámbito local.
  3. Aceptar provisionalmennte a incorporación de novos membros á Rede.
  4. Informar o Consello de Membros do resultado anual de actividade desenvolvida pola Rede.
  5. Exercer calquera das atribucións non asignadas expresamente polo Consello de Membros e aquelas que este último lle delegue.
  6. Calquera outra non expresamente atribuída aos outros órganos.

Funcionamento da Xunta Directiva:

A Xunta Directiva será convocada polo/a presidente/a, por propia iniciativa ou por proposta da maioría dos seus membros, tantas veces como o considere oportuni e, para a súa constitución, cómpre a asistencia da metade máis un dos seus membros. Este quórum non será necesario na segunda convocatoria.

En ningún caso se poderán celebrar sesións sen a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou das persoas que actñuen na representación de calquera deles.

De cada sesión, o/a secretario/a estenderá a acta correspondente, segundo o previsto no regulamento interno.

c) Presidencia da Rede

A Presidencia da Rede é un órgano unipersoal e este cargo será desempeñado pola persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Correspóndenlle á Presidencia as seguintes atribucións:

  1. Representar a Rede.
  2. Designar a persoa encargada da Coordinación Técnica.
  3. Coordinar e establecer as liñas de colaboración entre todos os membros da Rede, así como o contacto permanente con eles.
  4. As demais establecidas no artigo 23.1º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º285, do 27 de novembro de 1992).
  5. Calquera outra que lle sexa delegada polo Consello de Membros.

d) Vicepresidencia da Rede

A/o vicepresidenta/e da Rede será nomeada pola Presidencia de entre as representacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Consello de Membros.

Correspóndelle ao vicepresidente/a as seguintes atribucións:

  1. Auxiliar o/a presidente/a no exercicio das súas funcións.
  2. Substituír o/a presidente/a en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou outro motivo lexítimo.

e) Coordinación Técnica da Rede

Será designada, cesada ou substituída temporalmente polo presidente e Correspóndenlle as seguintes funcións:

  1. Exercer a Secretaría do Consello de Membros e da Xunta Directiva, nos termos establecidos polo artigo 25.3.º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º285, do 27 de novembro de 1992).
  2. Levar o libro de rexistro dos socios.
  3. Coordinar as comisións ou grupos de traballo de nivel técnico que (se for o caso) se creen e dirixir as súas reunións de traballo e a súa actividade, segundo as directrices acordadas na Xunta Directiva.
  4. Elevar á Xunta Directiva as propostas de actuación feitas pola área técnica.
  5. Elevar á Xunta Directiva o resultado da avaliación anual das actividades da Rede.
  6. Todas as outras funcións que sexan inherentes á súa condición de coordinación.

f) O ámbito técnico da Rede

A Rede, no seu ámbito técnico, poderá crear as áreas e comisións de traballo, estudo, deseño e planificación necesarias para alcanzar os seus obxectivos.

As unidades técnicas de dinamización lingüística que se creen manterán unha relación permanente de colaboración e de comunicación co/coa coordinador/a técnico/a da Rede e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A Secretaría Xeral de Política Lingüítica daralles apoio administrativo e de xestión ás diferentes iniciativas aprobadas pola Rede.