Programas

Filtrar por...

  • Tema
Temos dispoñibles para consulta 46 programas
16/04/2018

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2018

Bota a andar unha nova edición do FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

02/02/2018

Nós tamén creamos! 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, coa colaboración da Corporación Radio e Televisión de Galicia e de OQOeditora, pon en marcha un ano máis o programa de creación de curtametraxes en galego Nós tamén creamos! para centros de educación infantil e primaria.

15/01/2018

Lingua de namorar 2018

Lingua de namorar é un certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, o obxectivo principal destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

12/12/2017

Nadal en Rede 2017

A Rede de Dinamización Lingüística convídanos un ano máis a celebrarmos estas festas no noso idioma e ofrece para iso actividades e recursos propios do Nadal.
 

29/11/2017

Toponimízate

A Secretaría Xeral de Política Lingüística bota a andar un novo programa de promoción da lingua galega para concellos pertenentes á Rede de Dinamización Lingüísitca (RDL) que toma como base a toponimia de Galicia.

25/09/2017

Programa de charlas sobre o filme Pelerinaxes

A SXPL, en colaboración cos EDLG de 7 centros educativos das provincias de Ourense e Lugo, levará adiante, por primeira vez, o proxecto educativo multidisciplinario Pelerinaxes, elaborado por Simone Saibene, director de cine italiano residente na Cidade das Burgas.

12/09/2017

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2017

Está en marcha a sexta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que lles leva aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística novas propostas para gozar do tempo de lecer en galego.

21/07/2017

O galego campa 2017

Bota a andar unha nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua.

18/07/2017

Programa de Dinamización Lingüística Redecinema 2017

 En xullo e agosto volve Redecinema, un programa de verán que emprega o cine como ferramenta de dinamización lingüística, cos obxectivos de promover a creatividade con base en galego e aumentar a oferta de produtos de ocio e cultura na nosa lingua

07/06/2017

Nós tamén creamos! 2017

Un ano máis, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora, resolveu o concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!, que ten os obxectivos de promover unha imaxe positiva da lingua galega, favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos ámbitos e formatos e dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lles ofrece aos cativos o web da Televisión de Galicia.