Nadal en Rede 2014

A Rede de Dinamización Lingüística, un ano máis, quere celebrar o Nadal en galego coa súa programación propia de actividades nos concellos. Cinco  novas propostas dinamizadoras ás que cómpre sumarrecursos para agasallar, para celebrar e para festexar estas datas en galego: as xa coñecidas postais electrónicas con lemas na nosa lingua, a carta aos Reis Magos, os discursos do Libro dos Reis para ler nas cabalgatas e, como novidade, a guía de agasallos Un Nadal mozo e en galego, que revisa os galanos máis orixinais en lingua galega pensados para a mocidade.

  • A cantar con María Fumaça

    A cantar con María Fumaça

  • Cantigas da estrela

    Cantigas da estrela

  • Espantallo Amigo

    Espantallo Amigo

  • Feliciano

    Feliciano

  • Lingua de Reis

    Lingua de Reis

A cantar con María Fumaça

 

A cantar con María Fumaça A coñecida Uxía convidará as familias e a súa xente miúda a subir no tren da música para festexar o Nadal cantando e bailando en galego. Nun concerto exclusivo de Nadal en Rede percorrerá 14 localidades galegas acompañada de Santi Cribeiro e de Sérgio Tannus, da súa famosa María Fumaça e dun amplo e divertido repertorio no que combinará as pezas do Xiqui xoque, fiú fiú con panxoliñas e con outras músicas tradicionais propias deste tempo. Para non perder!


Decembro:

  • Domingo 14: Fene, no Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío, ás 13:00 horas
  • Domingo 14: Ordes, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas
  • Venres 19: Burela, no auditorio da Casa da Cultura, ás 17:30 horas
  • Domingo 21: Vilaboa, na Casa da Cultura Río Maior, ás12:00 horas
  • Domingo 21: Lalín, no Salón Teatro, ás 18:30 horas
  • Martes 23: Oleiros, no auditorio da Fábrica, ás 19:00 horas
  • Sábado 27: O Barco de Valdeorras, no Teatro Municipal Lauro Olmo, ás 20:00 horas
  • Domingo 28: Ribeira, no Auditorio Municipal, ás 12:30 horas
  • Domingo 28: A Estrada, no Teatro Principal, ás 18:00 horas
  • Martes 30: Melide, na Casa da Cultura, ás 20:30 horas


Xaneiro:

  • Venres 2: Ames, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas
  • Sábado 3: Bueu, no Centro Social do Mar, ás 18:30 horas
  • Domingo 4: Verín, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas
  • Mércores 7: Boiro, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, ás 18:30 horas

 

Cantigas da estrela

 

Magín Blanco animará a xente miúda da casa a seguir o ronsel das estrelas para gozar do Nadal coas músicas máis coñecidas de Gatuxo e da A nena e o grilo, nun concerto moi especial que integra vilancicos inéditos do músico e compositor. Acompañarano María Faltri e Jorge Juncal nunha xira que fará parada en 19 localidades da Rede de Dinamización Lingüística coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña en concellos da súa competencial territorial. Imprescindible para celebrar este Nadal cantando en galego.


Decembro:

  • Venres 12: Cee, no Salón de Actos do Concello, ás 18:00 horas
  • Domingo 14: Palas de Rei, no Salón de Plenos do Concello, ás 17:30 horas
  • Martes 16: Cangas, no Auditorio Municipal, ás 18:00 horas
  • Venres 19: Muxía, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples, ás 18:30 horas
  • Sábado 20: Redondela, no Multiúsos da Xunqueira (sala I de exposicións), ás 12:00 horas
  • Martes 23: Ferrol, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, ás 18:30 horas
  • Mércores 24: O Carballiño, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
  • Venres 26: Betanzos, no Cine Alfonseti, ás 17:30 horas
  • Sábado 27: Arteixo, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
  • Domingo 28: Santiago de Compostela, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ás 12:30 horas
  • Luns 29: Val do Dubra, na Casa da Cultura, ás 12:30 horas
  • Luns 29: Ponteceso, no Museo de Arte Contemporánea de Corme, ás 18:00 horas
  • Martes 30: Pontedeume, na Casa da Cultura, ás 12:30 horas
  • Martes 30: Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, ás 18:00 horas


Xaneiro:

  • Venres 2: Carnota, no Salón de Actos do Concello, ás 12:00 horas
  • Venres 2: Teo, no Centro Sociocultural da Ramallosa, ás 18:00 horas
  • Sábado 3: O Porriño, no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, ás 12:00 horas
  • Domingo 4: Ourense, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
  • Domingo 4: A Pobra do Caramiñal (en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Zona Norte), na Praza do Emigrante (baixo carpa), ás 18:30 horas

 

Espantallo amigo


Nadal en Rede levará a sete localidades da Rede de Dinamización Lingüística unha nova adaptación teatral de Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, que chega da man dos Quinquilláns, nunha revisión na que Lucho Penabade e Tero Rodríguez continúan a historia orixinal contada polos adultos que lle deron vida á trama orixinal da novela neiraviliana. Nunha proposta escénica deseñada por Xosé Vizoso, a actividade ofrécelle como complemento ao público asistente unha reedición especial ilustrada por Xaquín Marín (Editorial Galaxia). A partir dos sete anos.


Decembro:

  • Sábado 13: Ourense, no Liceo, ás 19:00 horas
  • Martes 23: Santiago de Compostela, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ás 17:30 horas
  • Sábado 27, Ribeira, no Auditorio Municipal, ás 19:00 horas
  • Domingo 28: Xinzo de Limia, no Auditorio Ángel Cocho Ferrero, ás 18:00 horas
  • Martes 30: Ferrol, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, ás 18:30 horas

Xaneiro:

  • Venres 2: A Estrada, no Teatro Principal, ás 18:00 horas
  • Domingo 4: A Coruña, no Centro Sociocultural Ágora, ás 18:30 horas

 

Feliciano


Os 7 magníficos + 1 (os televisivos Fran Rei e Pedro Brandariz) agasallarannos cunha boa dose de risas e de alegría para despedir o ano 2014 e darlle a benvida ao 2015. Porque o Nadal non é só cousa de nenos, velaquí unha proposta para público de todas as idades que percorrerá Galicia cunha serie de pequenas pezas humorísticas e que nos fará contemplar as festas de Nadal cunha mirada desenfadada. A Deputación Provincial da Coruña, membro da Rede de Dinamización Lingüística, colabora nesta actividade exclusiva de Nadal en Rede levándoa a concellos do seu ámbito territorial.


Decembro:

  • Venres 12: Carral, no Centro Social Toñito Espiñeira, ás 20:30 horas
  • Domingo 14: Carballedo, no Slaón de Actos do Concello, ás 19:00 horas
  • Mércores 17: Trazo, no Centro Social Polivalente (en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes), ás 17:15 horas
  • Xoves 18: Zas, no Auditorio de Baio, ás 19:30 horas
  • Domingo 21: Cuntis, na Casa da Cultura, ás 19:00 horas
  • Luns 22: Barbadás, na Casa da Cultura, ás 19:00 horas
  • Mércores 23: Miño, no centro Social da Rúa, ás 20:00 horas
  • Venres 26: Neda, na Casa da Cultura, ás 20:30 horas
  • Sábado 27: Fisterra, no Salón de Actos do Concello, ás 20:00 horas
  • Domingo 28: Laxe, no Salón de Actos do Concello, ás 19:00 horas
  • Luns 29: Negreira, no Auditorio Municipal, ás 19:00 horas
  • Martes 30: Cabana de Bergantiños, no Auditorio Municipal, ás 19:00 horas

Xaneiro:

  • Venres 2: Santa Comba, na Vivenda Comunitaria, ás 20:30 horas
  • Sábado 3: Castro de Rei, na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea, ás 17:00 horas
  • Sábado 3: O Saviñao, no Auditorio Municipal, (en colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra), ás 21:00 horas
  • Domingo 4: Xinzo de Limia, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas
  • Luns 5: A Bola, no Local Social, ás 16:00 horas
  • Martes 6: Fundación Eduardo Pondal (Ponteceso), na Casa dos Veciños do Couto, ás 18:00 horas

 

Lingua de Reis

 

Os escolares de infantil e primaria do CEIP Eduardo Cela Vilas de Triacastela, do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, do CEIP Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, a onde acoden tamén os escolares de Piñor, do CEIP de Manzaneda e do CEIP de Oroso recibirán a derradeira semana de clases do ano unha visita moi especial: os tres Reis Magos de Oriente pasarán polo seu centro e falaranlles na lingua propia de Galicia para que todos os nenos e enas saiban o moito que lles gusta e que a aprecian.


Calendario de visitas:

  • Mércores 17: no CEIP Eduardo Cela Vilas de Triacastela, ás 10:40 horas
  • Mércores 17: no CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, ás 15:00 horas
  • Xoves 18: no CEIP Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea (en colaboración co Concello de Piñor), ás 12:10 horas
  • Xoves 18: no CEIP de Manzaneda, ás 16.00 horas
  • Venres 19: no CEIP de Oroso, ás 11:00 horas