Espello Deportivo

Iniciativa enmarcada na programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) do ano 2013. Danlle apoio económico tres entidades pertencentes á Rede: a Xunta de Galicia –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación- e mais as deputacións provinciais da Coruña e de Ourense.

Bota a andar Espello Deportivo, un proxecto de dinamización lingüística no que tres deportistas olímpicos e paraolímpicos (Sofía Toro, Chano Rodríguez e Juan Antonio Saavedra) manterán un encontro cos integrantes das escolas deportivas e entidades municipais de 35 concellos de Galicia ata o mes de xuño. Con eles compartirán as súas experiencias na alta competición e destacarán o emprego do galego como valor identitario no deporte. Canda os tres deportistas, acudirá aos encontros o actor Rubén Riós, responsable da empresa xestora do programa.

Esta iniciativa enmárcase na programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) para o ano 2013. Danlle apoio económico tres entidades pertencentes á Rede: a Xunta de Galicia –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación- e mais as deputacións provinciais da Coruña e de Ourense. A elas súmanse os concellos da RDL que acollerán a actividade e que, ademais de cederen os espazos para a celebración das conferencias, poñerán o seu persoal técnico para a xestión e para a difusión da actividade.

Deste xeito, Espello Deportivo convértese nun exemplo de colaboración dende diferentes administracións para impulsar o galego nun ámbito prioritario e transversal, o do deporte, de acordo coas directrices emanadas do Plan xeral de normalización da lingua galega.

OS PROTAGONISTAS

Chano Rodríguez

Nadador paraolímpico

Cádiz, 1957

16 medallas paralímpicas:

- 8 medallas de ouro
- 4 de prata
- 4 de bronce

 

 

Sofía Toro

Regatista

A Coruña, 1990

- Campioa nos Xogos Olímpicos de Londres, 2012
- Campioa de Europa en 2011
- Campioa de España en 2010
- Campioa Iberoamericana en 2010

 

 

Juan Antonio Saavedra

Tirador paraolímpico

Pontevedra, 1973

- Medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres, 2012
- Participou nas Olimpíadas de Atenas e de Sidney

   

 

Chano Rodríguez en Espello Deportivo

Sofía Toro en Espello Deportivo

Juan Antonio Saavedra en Espello Deportivo

 

Calendario Espello Deportivo


10/04/2013: Outes. Na Casa da Cultura ás 10:30 h, con Juan Antonio Saavedra
11/04/2013: Cabana de Bergantiños. No Auditorio Municipal ás 11:00 h, con Chano Rodríguez
12/04/2013: Boiro. Na Casa da Cultura ás 11:00 h, con Sofía Toro
12/04/2013: Ribeira. No salón de actos do Club Náutico de Ribeira ás 18:00 h, con Sofía Toro
15/04/2013: Cambados. No Salón de Exposicións e Congresos J. Peña ás 11:00 h, con Chano Rodríguez
15/04/2013: Ortigueira. Na Casa do Concello ás 16:30 h, con Juan Antonio Saavedra
17/04/2013: Rois. No Auditorio Municipal (edificio multiúsos) ás 12:00 h, con Chano Rodríguez
18/04/2014: Corcubión. No CEIP Praia de Quenxe ás15:00 h, con Sofía Toro
18/04/2013: Santa Comba. No salón de actos da Casa do Concello ás 19:00 h, con Chano Rodríguez
19/04/2013: Muxía. No Salón de Actos do Voluntariado ás 11:00 h, con Sofía Toro
19/04/2013: Xove (en colaboración coa Mancomunidade da Mariña Lucense). No salón de actos do Centro Cívico ás 17:00 h, con Chano Rodríguez
20/04/2013: Cee. No salón de actos da Casa do Concello ás 12:00 h, con Sofía Toro e Juan Antonio Saavedra
22/04/2013: Teo. Na piscina municipal da Ramallosa ás 19:00 h, con Chano Rodríguez
22/04/2013: Vedra. No CPI Plurilingüe de Vedra ás 15:00 h, con Chano Rodríguez
23/04/2013: Bergondo. No Edificio Multiúsos da Senra ás 11:00 h, con Chano Rodríguez
23/04/2013: Ames. Na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 17:30 h, con Sofía Toro
25/04/2013: Carral. Na Casa da Cultura ás 11:30 h, con Juan Antonio Saavedra
25/04/2013: A Pobra do Caramiñal (en colaboración coa Mancomunidade Arousa Zona-Norte). No Museo Valle Inclán ás 17:00 h, con Sofía Toro
26/04/2013: Aranga. No CEIP A Castellana ás 11:00 h, con Juan Antonio Saavedra
26/04/2013: Arzúa. No Telecentro Municipal ás 19:00 h, con Chano Rodríguez
30/04/2013: Mesía. No CPI de Xanceda ás11:00 h, con Chano Rodríguez
30/04/2013: Padrón. No Auditorio Municipal ás 17:30 h, con Chano Rodríguez
07/05/2013: Barbadás. Na Casa da Cultura ás 11:00 h, con Sofía Toro
07/05/2013: Ourense. No Centro Cultural Marcos Valcárcel ás 20:30 h, con Sofía Toro
08/05/2013: Xinzo de Limia. No Salón de Actos da Casa da Cultura ás 10:40 h, con Sofía Toro
08/05/2013: O Carballiño. Na Casa da Cultura ás 19:00 h, con Sofía Toro
29/05/2013: Ferrol. No Centro Cultural Carbalho Calero ás 11:00 h, con Chano Rodríguez
29/05/2013: Santiago de Compostela. No Centro Sociocultural do Ensanche ás 19:00 h, con Chano Rodríguez
04/06/2013: O Barco de Valdeorras. No Teatro Lauro Olmo ás 11:30 h, con Chano Rodríguez
04/06/2013: Arteixo. No Centro Cívico Municipal ás 18:30 h, con Chano Rodríguez
05/06/2013: Celanova. No Auditorio Municipal ás 11:00 h, con Juan Antonio Saavedra
06/06/2013: Ribadavia. No salón de actos do IES de Ribadavia ás 11:00 h, con Chano Rodríguez
06/06/2013: Verín. Na Casa da Cultura ás 20:30 h, con Chano Rodríguez
10/06/2013: Bande. No IES Aquis Querquernis ás 10:30 h, con Juan Antonio Saavedra
14/06/2013: Vilagarcía de Arousa. No Auditorio ás 17:00 h, con Sofía Toro