Volver

NÓS CONTRA A VIOLENCIA

O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas

    O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas

    O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas

    O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas

    O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas

    O rueiro das liortas

O espectáculo baséase na comedia da arte italiana e no teatro popular para promover a reflexión sobre a situación da muller na sociedade, ao tempo que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. Dirixida a todos os públicos desde os oito anos de idade, esta comedia iniciática, vista desde unha óptica feminina, combina o dinamismo dos elementos escenográficos que representan diferentes espazos, un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes e un neno e mais unha nena que fan valer a súa verdade.

O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados tanto no texto coma no xesto e no movemento. As súas pezas, que buscan a universalidade, xorden da fusión de diferentes linguaxes: a palabra, o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. Desta volta, ofrécennos unha obra de coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e o texto van da man para achegar a cativada e a mocidade ao teatro en lingua galega.