Volver

NÓS CONTRA A VIOLENCIA

O país dos mandóns

Un dos dous contacontos dramatizados da compañía teatral Os Ghazafellos incluído en Nós contra a violencia. Tanto nesta proposta coma en Iriña bailarina, Os Ghazafellos adaptan narracións da colección A igualdade conta de Edicións Embora dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos. En concreto, O país dos mandóns refunde os relatos Flora e o seu segredo, A urna dos desexos e O país dos Mandóns para contarnos as aventuras de tres amigos que conseguen transformar O País dos Mandóns no País da Igualdade e convidarnos a sentirnos iguais desde as nosas diferenzas.