Volver

NÓS CONTRA A VIOLENCIA

Iriña Bailarina

Iriña bailarina é un dos dous contacontos dramatizados da compañía teatral Os Ghazafellos incluído en Nós contra a violencia. Tanto nesta proposta coma en O país dos mandóns, Os Ghazafellos adaptan narracións da colección A igualdade conta de Edicións Embora dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos.

Iriña bailarina presenta a historia dunha bailarina de caixa de música e dun moneco de futbolín que queren cambiar de vida e que nos mostran que é posible mudar roles e romper cos estereotipos de xénero.