Volver

NÓS CONTRA A VIOLENCIA

Igual-son

Igual-son é un proxecto xestionado por Capicúa que traballa con obradoiros e contadas na sensibilización de diferentes grupos de idade. Inclúe as seguintes actividades, que se desenvolverán en 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística:

  • Contos do dereito e do revés. Contada a cargo de autoras de LIX galega e narradoras orais como Eli Ríos, Eva Mejuto ou Raquel Queizás. Está dirixida a nenos e nenas de 4 a 9 anos e ás súas familias.
  • Danza contemporánea para a igualdade. Obradoiro dirixido a alumnado de ESO que emprega a música, a palabra e a expresión corporal para propoñer formas de relación afastadas de prexuízos sexistas.
  • Voces violetas. Obradoiro de dúas horas de duración para membros de ANPA destinado a fomentar a educación en igualdade.