Volver

FALAREDES 2019

Rosa caramelo e outras historias

  • Rosa Caramelo. Detalle do cartel

    Rosa Caramelo. Detalle do cartel

A oitava edición do FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dálle a benvida ao outono cunha nova actividade de lecer dirixida ao público familiar con cativada dos catro aos oito anos que chegará, da man de Talía Teatro, a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) ata novembro.

Illada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo... Cando seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade e abriralles o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Rosa caramelo e outras historias ​é un espectáculo teatral de dinamización lingüística creado a partir dos contos de Adela Turín que lles dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Rosa caramelo, A historia dos bonobos con lentes, Unha feliz catástrofe e Artur e Clementina combinan a palabra coa música en directo, para crear unha atmosfera adecuada coa que desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

Interpretada por Artur Trillo con música en directo de Fernando Fraga e baixo a dirección de Paula Carballeira, poderase gozar, do 5 de outubro ao 23 de novembro, en Ribadavia, A Rúa, Vilamarín, Bueu, Ordes, Laxe, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Viana do Bolo, Negreira, Lalín, Trazo, Burela, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.

 

Axenda de FalaRedes 2019. Rosa caramelo

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Sábado, 5 de outubro, 18:00 horasAuditorio da Casa da culturaRibadaviaOurense
Domingo, 6 de outubro, 17:00 horasCentro Cultural AvenidaA RúaOurense
Sábado, 12 de outubro, 17:00 horasCentro CulturalVilamarínOurense
Domingo, 13 de outubro, 18:00 horasCentro Social do MarBueuPontevedra
Venres, 18 de outubro, 19:30 horasAuditorio da Casa da CulturaOrdesA Coruña
Domingo, 20 de outubro, 19:30 horassalón de actos culturais municipalLaxeA Coruña
Venres, 25 de outubro, 19:00 horasEdificio MultiúsosMonforte de LemosLugo
Domingo, 27 de outubro, 19:00 horasCasa da XuventudeMondoñedoLugo
Venres, 1 de novembro, 18:00 horasCasa da CulturaViana do BoloOurense
Domingo, 3 de novembro, 13:00 horasAuditorio do Centro SocioculturalNegreiraA Coruña
Venres, 15 de novembro, 19:00 horasSalón TeatroLalínPontevedra
Sábado, 16 de novembro, 12:00 horasCentro Social PolivalenteTrazoA Coruña

Domingo, 17 de novembro, 18:00 horas

Casa da CulturaBurelaLugo

Venres, 22 de novembro, 18:00 horas

Biblioteca Pública MunicipalO PorriñoPontevedra
Sábado, 23 novembro, 12:30 horasSalón GarcíaVilagarcía de ArousaPontevedra