A vosa opinión

22/09/2015 Volver

 Velaquí os nomes das persoas premiadas no sorteo de 15 lotes de produtos de lecer en galego:

  • Artai Paz
  • Mauro e Matías Seoane
  • Eder Rodríguez
  • Carlota Quesada
  • Roi Santos
  • Sabela e Miguel Pintos
  • Xela Álvarez
  • Elías Verdía
  • Mateo Bértalo
  • Xandre Dopico
  • Rodrigo Ojea
  • Mar e Alba Verela
  • Marta Álvarez
  • Ana López
  • Paula Rodríguez

Grazas a todos por participardes e axudardes a mellorar Os Axóuxeres.

A Laracha

  • Fomos aos Axóuxeres da Laracha, aínda que nos queda un pouco lonxe do noso domicilio, porque este ano, a pesar de mirar na web da Xunta en varias ocasións, cando por fin demos atopado o comezo da actividade xa levaban varias sesións feitas, entre elas a da Coruña e a de Oleiros, que nos quedan máis preto... Pero, a verdade, paga a pena a viaxe, o espectáculo é entretido e chamativo para os máis pequenos, a nosa pequena dun ano estivo atentísima, e iso que era a primeira vez que asistía a un espectáculo destas características!!!! Quizais o que nos desgusta é que ao estar os papás cos pequenos a visibilidade do espectáculo non é moi boa, xa que os actores estaban ao mesmo nivel ca nós. Penso que si estivesen nunha tarima non moi alta facilitaria a visibilidade para os pequenos.

Xinzo de Limia

  • Unha experiencia fantástica. A posta en escena estivo perfectamente recreada. Os músicos e actores conseguiron en todo momento atraer a atención de todo o público, cativos e maiores. A historia contada foi adecuada para que os nenos non só aprendesen novos termos en galego senón tamén outros valores importantes. En definitiva, xenial. Un 10 para a compañía Elefante Elagante e para a Rede de Dinamización Lingüística por esta proposta.

Foz

  • Fermosa obra, a mellor que ollei dos Axóuxeres. Os nenos quedan abraiados co xenial espectáculo de sons e a boa interpretación dos actores, que mesturada coas proxeccións, fan que tódolos nenos presten atención en todo momento, quedándose moi ben co variado vocabulario mostrado. Parabéns ós responsables e á compañía "Elefante Elegante".

Fene

  • O meu neno non sacou ollo nin un momento e con só 9 meses que ten! Encantounos! De 10! Os músicos, a interpretación, as mensaxes que querían transmitir e todo iso na nosa fala! Queremos máis Axóuxeres!

Ferrol

  • Fomos desfrutar dos Axóuxeres toda a familia, pais e fillos. Pasámolo xenial. O noso fillo maior saíu encantado dicindo que lle gustaba moito o peixe e o teatro. Os instrumentos, unha pasada. Parabéns polo voso traballo.

Oleiros

  • Coma nos anos anteriores, unha ledicia! Elías pasouno pipa, xa preguntando cando volvedes! O que máis nos gustou foi o fondo do mar e o super baño para entrar en calor! Agora toca escoitarvos todos os días de camiño á casa. Mil grazas por facernos vivir a maxia do teatro! Repetiremos!

Boiro

  • A miña pequena quedou abraiada porque pensabamos que o espectáculo era só para máis cativos (bebés). Gustounos moito. Moi ben compenetrados os músicos e os actores; moi ben encaixado todo. Para que digan que os cartos o fan todo! "Os Axóuxeres" é unha boa mostra de que o enxeño e a creatividade son responsables de manter os rapaces entretidos durante tres cuartos de hora. E aos adultos que os acompañamos, tamén! Moitas grazas polo encontro!

Vedra

  • Foi unha experiencia marabillosa. Quero destacar o gran traballo de músicos, do actor e da actriz. Outros espectáculos para nenos e nenas son moi deixados en detalles, ou tómanos por parvos... Esta obra foi moi respectuosa co público miúdo, e a proba é que durante toda a actuación os cativos e cativas non apartaban a mirada, gardaban silencio, estaban cativados pola función. Conseguiu trasladarnos a un universo máxico. A nena pídenos para volver ao teatro: fomentades o galego e creades consumidores de cultura. Cada noite, contamos a historia do peixiño de Mariña e dorme escoitando o CD que nos agasallastes ao final. De verdade que foi unha experiencia fantástica. Parabéns á compañía, e á Secretaría Xeral de Política Lingüística pola escolla e por traballar co público máis novo.

Ames

  • Foi unha experiencia estupenda. A nosa pequena, de 16 meses, estaba abraiada coa música, as imaxes e a escenografía. Normalmente é un fervello, non para quieta un segundo e alí nin pestanexou. Moi recomendable para todo o mundo.

Santiago

  • Saímos encantadas!! Gustounos moitísimo!! Foi unha mestura de moitas sensacións, a musica, as imaxes, as cancións... Foi moi bonito!! Pasounos tan rápido... Que quedamos con ganas de máis. Gracias por facernos desfrutar tanto.
  • Como non puidemos asistir en convocatorias anteriores, quixemos aproveitar esta ocasión, posiblemente a última, xa que o meu fillo ten 6 anos. A experiencia foi realmente preciosa, o ambiente relaxado e relaxante, as músicas, os instrumentos, as cancións, o atrezo, os diálogos... todo é realmente precioso. Ideal para os pequenos e pequenas, e para os acompañantes tamén. O meu fillo gozou moito do espectáculo, de feito comentoume que non era tan de bebés! Recoñeceu moitos dos instrumentos por estudalos nas aulas de infantil e gozou de escoitalos en directo. Tamén gostou moito das adiviñas (que tampouco son para bebés!). Para finalizar, agradecer o agasallo das músicas ao remate do espectáculo. Grazas! Grazas tamén polo traballo ben feito!

Ourense

  • Sorprendeunos como o neno, a pesar de ser tan pequeno e movido, estivo atento todo o tempo. Encantáronnos os músicos. Recomendámola seguro.

Arteixo

  • Eu fun coa miña filla Aniña. De primeiras estaba tímida, pero despois foise metendo no conto. O que máis lle gustou foi a parte da bañeira e cando apareceron as imaxes do fondo do mar.

A Coruña

  •  Bos días! O primeiro que temos que darvos son as grazas polo espectáculo. Somos uns habituais do Centro Ágora, pero nesta ocasión o motivo era o noso pequerrecho: ten pouco máis dun ano, e agradécese que haxa actividades para que os estimulen. Marcos non tivo os ollos tan abertos en momento ningún coma cando se proxectaron as imaxes mariñas.
  • Moi entretida e interesante
  • Fun ao encontro cos Axóuxeres cos meus fillos: un de 8 meses e outro de case 5 anos. A experiencia foi fantástica. Muriel e máis Mariña envolvéronnos aos tres na súa historia desde o principio ata o final. A súa expresividade, as cores e a música de arredor fixeron desta unha estupenda mañá de domingo.