Programas

Filtrar por...

  • Tema
Temos dispoñibles para consulta 60 programas
08/07/2016

O galego campa 2016

Bota a andar unha nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua.

16/03/2016

Nós tamén creamos! 2016

V edición dos Premios a curtas de animación en galego desenvoltas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

16/03/2016

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2016

O programa de dinamización lingüística FalaRedes chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolverán a partir de febreiro nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

15/03/2016

Lingua de namorar 2016

Resolta a  nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo éanimar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

29/01/2016

Proxecto Dragal 2015-2016

Por terceiro ano consecutivo está en marcha o Proxecto Dragal, que impulsa a Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos equipos de dinamización da lingua galega. Trátase dun programa multidisciplinar de animación á lectura e de creación en galego coas tecnoloxías da información e da comunicación que parte da triloxía homónima da escritora Elena Gallego Abad

14/10/2015

Nadal en Rede 2015

Chega o Nadal, e a Rede de Dinamización Lingüística quere convidar a todos os galegos e galegas a manteren e, asemade, renovaren a tradición de celebralo en galego. O programa Nadal en Rede ofrece, un ano máis, ferramentas e actividades para facelo.

10/09/2015

Os Axóuxeres 2015

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha nova edición do seu programa de dinamización lingüística para familias con bebés e nenos/as de 0 a 6 anos. Trátase dunha iniciativa de promoción da transmisión interxeracional da lingua galega que, por medio da música, do xogo e das palabras, busca favorecer a incorporación do idioma nas familias novas e ofrecerlles unha proposta de lecer en galego na que se inclúen novos materiais e propostas que permitirán darlle continuidade á actividade no fogar.

22/07/2015

O galego campa 2015

O galego campa! é un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinado aos campamentos de verán. O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresaren nesta lingua.

17/06/2015

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2015

Arranca a cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes! E faino, coma sempre, con propostas de lecer en galego pensadas para todas as idades coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia. As novas actividades chegarán desde marzo e ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan na RDL en concellos da súa competencia territorial.

29/05/2015

Proxecto Dragal 2014-2015

Por segundo ano consecutivo está en marcha o Proxecto Dragal, que impulsa a Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos equipos de dinamización da lingua galega. Trátase dun programa multidisciplinar de animación á lectura e de creación en galego coas tecnoloxías da información e da comunicación que parte da triloxía homónima da escritora Elena Gallego Abad