Programas

Filtrar por...

  • Tema
Temos dispoñibles para consulta 60 programas
30/04/2015

Nós tamén creamos! 2015

Volve a convocatoria de premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!, impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e mais con OQOeditora.

05/03/2015

Lingua de namorar 2015

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

15/02/2015

Exportar en galego

Exportar en galego é un proxecto conxunto da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) para mostrarlle ao empresariado as vantaxes competitivas que presenta o galego nos países de fala portuguesa e para ofrecerlle as ferramentas necesarias para establecer relacións comerciais con eles.

 

03/01/2015

Nadal en Rede 2014

A Rede de Dinamización Lingüística, un ano máis, quere celebrar o Nadal en galego coa súa programación propia de actividades nos concellos. Cinco  novas propostas dinamizadoras ás que cómpre sumarrecursos para agasallar, para celebrar e para festexar estas datas en galego: as xa coñecidas postais electrónicas con lemas na nosa lingua, a carta aos Reis Magos, os discursos do Libro dos Reis para ler nas cabalgatas e, como novidade, a guía de agasallos Un Nadal mozo e en galego, que revisa os galanos máis orixinais en lingua galega pensados para a mocidade.

19/12/2014

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2014

Xa está en marcha a nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Por terceiro ano consecutivo, propoñemos actividades para os nenos e os non tan nenos coas que encher o tempo de ocio en galego e coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia.

Velaquí as seis propostas que, con case 200 sesións repartidas polos concellos das catro provincias pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística, percorrerán Galicia este 2014.

30/04/2014

2013-2014

Para que poidades seguir gozando da creatividade dos nenos e nenas galegos, velaquí os traballos premiados nas pasadas edicións do concurso.

05/03/2014

O galego na onda

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL), na súa programación anual para o pasado ano 2014, preveu a realización dos obradoiros de radio e do concurso paralelo O galego na onda.

19/12/2013

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha por segunda vez o programa de dinamización lingüística FalaRedes, con actividades para os máis novos da casa que se desenvolverán en concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Deste xeito, complementa as iniciativas de promoción do galego que contén a propia planificación da RDL para o ano 2013 e que inclúe actividades para a promoción do galego entre a mocidade, no ámbito do deporte ou durante as festas do Nadal, entre outras.

01/09/2013

Os Axóuxeres 2013

Un ano máis, coa chegada do outono, veñen tamén os Encontros dos Axóuxeres para os máis novos da casa. Os Axóuxeres traen historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos.

Desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro.

01/09/2013

Xeración dos Axóuxeres

Ides ter un bebé? Parabéns! Na Secretaría Xeral de Política Lingüística queremos felicitarvos e acompañarvos neste tempo de espera que se vive con intensidade, meses de ilusión e tamén de preparación para a acollida da criatura que vai vir ao mundo.