Programas

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
Temos dispoñibles para consulta 88 programas
Nós tamén creamos! 2017
07/06/2017

Nós tamén creamos! 2017

Un ano máis, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora, resolveu o concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!, que ten os obxectivos de promover unha imaxe positiva da lingua galega, favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos ámbitos e formatos e dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lles ofrece aos cativos o web da Televisión de Galicia.

Proxecto Dragal 2016-2017
26/05/2017

Proxecto Dragal 2016-2017

Por cuarto ano consecutivo está en marcha o Proxecto Dragal, que impulsa a Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos equipos de dinamización da lingua galega. Trátase dun programa multidisciplinario de animación á lectura e á creación en galego coas tecnoloxías da información e da comunicación, que parte da triloxía homónima da escritora Elena Gallego Abad.

O tren que me leva
16/05/2017

O tren que me leva

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, Renfe Viaxeiros, ADIF, Leite Noso, Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Arzúa únense nun programa de homenaxe a Carlos Casares construído arredor do interese polo tren que mostraba o autor das Letras 2017 e o papel relevante que este medio de transporte tivo na súa vida.

Lingua de namorar 2017
13/02/2017

Lingua de namorar 2017

Xuventude.net fixo públicos os gañadores e gañadoras da edición 2017 de Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e pola Consellería de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente.

O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística hoxe
09/01/2017

O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística hoxe

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha o programa "O galego é un mundo", dirixido a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de fomentar a consciencia da diversidade lingüística e do multiculturalismo e de contribuír a erradicar os prexuízos existentes a respecto do galego.

Nadal en Rede 2016
15/12/2016

Nadal en Rede 2016

Un ano máis, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) pon en marcha o programa Nadal en Rede, co que convida a todos os galegos a celebrar estas festas no idioma propio de Galicia.

Galicia culturea
21/07/2016

Galicia culturea

Cultura e lingua no verán

O galego campa 2016
08/07/2016

O galego campa 2016

Bota a andar unha nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua.

Nós tamén creamos! 2016
16/03/2016

Nós tamén creamos! 2016

V edición dos Premios a curtas de animación en galego desenvoltas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2016
16/03/2016

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2016

O programa de dinamización lingüística FalaRedes chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolverán a partir de febreiro nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística.