Volver

I Certame Cicloxénico: Siluetas furtivas

Certame de ilustración e de videocreación convocado por BööMDïäS e a asociación Trabalingua coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Uvigo, a Universidade de Vigo (UVIGO) e a University of California (UCLA).

Os seus obxectivos son conmemorar o nacemento do poeta monfortino Lois Pereiro e promover a súa obra e mais amosar un modelo positivo e moderno no uso da lingua galega e así incitar a mocidade a empregar o galego como lingua vehicular nas diferentes expresións artísticas.

O prazo de presentación de orixinais remata o 31 de xaneiro de 2016 e o anuncio das persoas gañadoras será o día 16 de febreiro de 2016, aniversario de nacemento do monfortino.