Volver

XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

O Concello de Carballo convoca o Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo que chega á súa edición número XIII para incentivar a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos medios para fomentar o uso e prestixio do noso maior ben colectivo, a lingua galega.

O único premio increméntase nesta edición ata os 1.250 euros e inclúe a difusión do artigo gañador nos nove medios de comunicación que colaboran co certame.


O prazo de admisión de artigos inéditos está aberto ata o 17 de abril de 2017.