Volver

IV Mondoñedo é Poesía

 IV edición deste festival que pon en valor as voces literarias actuais e a tradición poética mindoniense

Mondoñedo é Poesía regresa cun programa dirixido a lle achegar á cidadanía este xénero literario, a través da posta en valor do patrimonio literario mindoniense e das voces actuais das letras galegas. Con este obxectivo, a cuarta edición do evento, conta coa participación de destacadas figuras:

Tamara Andrés
Marta Dacosta
Miriam Ferradáns
Antón Fortes
Modesto Fraga
Eva García González
Montse González
Antón de Guizán
Daniel Irimia Vázquez
Carmen Lage Fernández
Marina Oural Villapol
Xavier R. Baixeras
Manuel Rivas
Carmen Rodríguez Lage
África Sánchez
Paloma Suanzes
Trioliro Regueifeiros
Eva Veiga
Ana Vila Portomeñe

​Ao remate do recital poético-musical entregarase ao público asistente un exemplar de "Papel de color" no que se recollerá un poema de cada un dos participantes nesta IV edición de Mondoñedo é Poesía.