Xornadas, encontros, cursos e outras iniciativas de promoción

Filtrar por...

  • Departamento
Temos dispoñibles para consulta 34 programas
02/11/2016

III Premio Concepción Arenal 2016

A Deputación da Coruña convoca este premio a proxectos educativos en lingua galega que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violenciai de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axudan a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.

PRAZO: 28 de novembro de 2016
Segunda edición LGx15. Ideas para o futuro da lingua
31/10/2016

Segunda edición LGx15. Ideas para o futuro da lingua

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Coordinadora de Traballadores/as de de Normalización da Lingua (CTNL) na segunda edición de LGx15, un evento pensado para compilar e difundir experiencias, opinións e propostas para influír positivamente no futuro do noso idioma.

11/08/2016

Congreso de Normalización Lingüística do Concello de Cambados

O concello de Cambados celebra o I Congreso de Normalización Lingüística baixo o nome "O ensino de linguas minorizadas na Sociedade da Información, visto desde a perspectiva galega e da diversidade".
PRAZO: O prazo de inscrición remata o 30 de agosto
18/03/2016

Premio a Proxecto de webserie en galego

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca nesta III edición o premio a Proxecto de webserie den galego.
PRAZO: 11 de abril de 2016
24/02/2016

Congreso internacional Guerras e Conflitos Sociais de Onte e de Hoxe (Literatura e Arte)

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, no marco do proxecto de investigación "Tematoloxía e métodos. As guerras na narrativa xuvenil no marco ibérico", convocan este congreso de carácter multidisicplinar para que estudosos e especialistas interesados no tema poidan compartir as súas investigacións.

PRAZO: 31 de maio de 2016
18/01/2016

I Certame Cicloxénico: Siluetas furtivas

Certame de ilustración e de videocreación convocado por BööMDïäS e a asociación Trabalingua coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Uvigo, a Universidade de Vigo (UVIGO) e a University of California (UCLA).

PRAZO: 31 de xaneiro de 2016
18/12/2015

Premio Antón Losada Diéguez

XXXI edición deste galardón que se convoca desde 1985 para contribuír ao fomento da cultura galega e perpetuar a memoria de Losada Diéguez, ilustre galeguista que loitou por ela.

02/12/2015

Xornadas Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena no seu centenario

No centenario do nacemento de ambos os intelectuais, o Consello da Cultura Galega e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, organizan este encontro como homenaxe a ambos, ao tempo que abren o diálogo á situación das distintas linguas do territorio estatal no marco da España dos nosos días.
21/10/2015

Con barqueira e remador

 IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética

PRAZO: Do 19 ao 24 de oubutro de 2015
17/10/2015

A literatura portuguesa despois da revista Orpheu

A primeira sesión da nova edición do ciclo de cultura contemporánea Nexos céntrase na literatura en lingua portuguesa.